Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad

Política Social y Bienestar: Tipos e Interacción con la Globalización, Apuntes de Trabajo Social

Este documento analiza la confusión entre los términos 'política social', 'estado del bienestar' y 'benestar social'. El texto explica que el 'benestar social' se refiere a un conjunto de servicios orientados a la protección de ciudadanos y ciudadanas en situaciones adversas. El autor distinge diferentes tipos de prácticas estatales que afectan directamente a la ciudadanía, como servicios públicos y transferencias sociales. Además, se discute cómo la globalización afecta a estos modelos y cómo cada uno reacciona a ella. Una comparativa entre el modelo centroeuropeo, el modelo bismarckiano, el modelo liberal y el modelo nórdico o socialdemócrata.

Tipo: Apuntes

2018/2019

Subido el 27/10/2019

angela-louro
angela-louro 🇪🇸

2 documentos

1 / 4

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
Xoán Bascuas. Escola Universitaria de Traballo Social. USC.
1
HISTORIA DOS SISTEMAS DE BENESTAR SOCIAL. Curso 201
7
-
201
8
.
ALGÚNS CONCEPTOS PREVIOS.
Existe unha certa tendencia a confundir, ou utilizar como sinónimos, os termos “política social”, “Estado do benestar”
e “benestar social”.
O BENESTAR SOCIAL.
O “benestar social” fai referencia a un conxunto de servizos orientados á protección dos cidadáns e das cidadás en
situacións adversas ou potencialmente prexudiciais. Ao vincularse á idea de Estado, a súa definición cobra diversidade
de matices. Velaí que en Europa o termo “benestar social” non só se relacione co Estado, senón cunha diversidade de
axentes sociais, namentres que nos Estados Unidos está ligado unicamente á asistencia económica para persoas en
situación de pobreza. Con todo, nas sociedades avanzadas, existen tres piares fundamentais na provisión de benestar
social:
A familia, practicando o principio de reciprocidade.
O mercado, baseado no intercambio.
E o Estado, aplicando o principio de redistribución.
O ESTADO DO BENESTAR.
O termo “Estado do benestar” fai referencia ao xeito en que se organiza o Estado á hora de poñer en práctica o
principio da redistribución ou a procura do benestar para toda a cidadanía. Segundo Viçent Navarro, existen
diferentes tipos de práctica estatal que afectan directamente á cidadanía:
Os servizos públicos, como a sanidade, a educación, a vivenda, … .
As transferencias sociais de fondos públicos duns cidadáns a outros (impostos –pensións).
As intervencións normativas, a produción de normas encamiñadas a consolidar o benestar e a protección
cidadán.
As intervencións públicas, coas que se pretende establecer as mellores condicións laborais para os
traballadores.
Tipos de Estado de benestar.
O Estado de benestar ten unha expresión ideal de provisión universal de protección ao cal tender. Como modelo ideal,
pode ter unha multiplicidade de acepcións dependendo desde o Estado no que está implantado. Así pódese falar de
catro tipos básicos:
a) O modelo conservador ou bismarckiano.
Este modelo centroeuropeo está baseado no papel do Estado e as institucións públicas e a súa centralidade á hora de
promover o desenvolvemento económico é a integración social. Os criterios de acceso ao sistema de benestar social
implican un traballo formalizado e o pagamento dun seguro social. O modelo bismarckiano defende un sistema
corporativo no que o obxectivo principal é reforzar o sistema de estratificación social e a familia tradicional. A modo
de exemplo, aos beneficios sociais que non están vinculados a dereitos universais só se pode acceder no momento en
que as familias non o conseguen de por si. Os principio s que caracterizan a este modelo son:
As axudas acádanse a través do mercado, ben mediante o emprego, ben a través do cónxuxe. Os sistemas de
protección social organízanse mediante seguro social.
O nivel de axudas recibido depende da contribución realizada e indirectamente en función da contía do
salario.
Preténdese cubrir etapas da vida laboral e persoal en termos económicos, como son o caso da xubilación e a
infancia.
A xestión da intervención articúlase a partir dos traballador es, os seus representantes e o propio Estado (este
sempre en última instancia).
Este modelo non só contempla ao individuo como tal, senón que tamén os comprende en termos de estatus
familiar e social, o cal favorece ás familias tradicionais.
pf3
pf4

Vista previa parcial del texto

¡Descarga Política Social y Bienestar: Tipos e Interacción con la Globalización y más Apuntes en PDF de Trabajo Social solo en Docsity!

1

ALGÚNS CONCEPTOS PREVIOS.

Existe unha certa tendencia a confundir, ou utilizar como sinónimos, os termos “política social”, “Estado do benestar” e “benestar social”.

O BENESTAR SOCIAL.

O “benestar social” fai referencia a un conxunto de servizos orientados á protección dos cidadáns e das cidadás en situacións adversas ou potencialmente prexudiciais. Ao vincularse á idea de Estado, a súa definición cobra diversidade de matices. Velaí que en Europa o termo “benestar social” non só se relacione co Estado, senón cunha diversidade de axentes sociais, namentres que nos Estados Unidos está ligado unicamente á asistencia económica para persoas en situación de pobreza. Con todo, nas sociedades avanzadas, existen tres piares fundamentais na provisión de benestar social:

  • A familia , practicando o principio de reciprocidade.
  • O mercado , baseado no intercambio.
  • E o Estado , aplicando o principio de redistribución.

O ESTADO DO BENESTAR.

O termo “Estado do benestar” fai referencia ao xeito en que se organiza o Estado á hora de poñer en práctica o principio da redistribución ou a procura do benestar para toda a cidadanía. Segundo Viçent Navarro , existen diferentes tipos de práctica estatal que afectan directamente á cidadanía:

  • Os servizos públicos , como a sanidade, a educación, a vivenda, ….
  • As transferencias sociais de fondos públicos duns cidadáns a outros (impostos –pensións).
  • As intervencións normativas , a produción de normas encamiñadas a consolidar o benestar e a protección cidadán.
  • As intervencións públicas , coas que se pretende establecer as mellores condicións laborais para os traballadores.

Tipos de Estado de benestar.

O Estado de benestar ten unha expresión ideal de provisión universal de protección ao cal tender. Como modelo ideal, pode ter unha multiplicidade de acepcións dependendo desde o Estado no que está implantado. Así pódese falar de catro tipos básicos:

a) O modelo conservador ou bismarckiano.

Este modelo centroeuropeo está baseado no papel do Estado e as institucións públicas e a súa centralidade á hora de promover o desenvolvemento económico é a integración social. Os criterios de acceso ao sistema de benestar social implican un traballo formalizado e o pagamento dun seguro social. O modelo bismarckiano defende un sistema corporativo no que o obxectivo principal é reforzar o sistema de estratificación social e a familia tradicional. A modo de exemplo, aos beneficios sociais que non están vinculados a dereitos universais só se pode acceder no momento en que as familias non o conseguen de por si. Os principios que caracterizan a este modelo son:

  • As axudas acádanse a través do mercado, ben mediante o emprego, ben a través do cónxuxe. Os sistemas de protección social organízanse mediante seguro social.
  • O nivel de axudas recibido depende da contribución realizada e indirectamente en función da contía do salario.
  • Preténdese cubrir etapas da vida laboral e persoal en termos económicos, como son o caso da xubilación e a infancia.
  • A xestión da intervención articúlase a partir dos traballadores, os seus representantes e o propio Estado (este sempre en última instancia).
  • Este modelo non só contempla ao individuo como tal, senón que tamén os comprende en termos de estatus familiar e social, o cal favorece ás familias tradicionais.

2

b) O modelo liberal.

O modelo liberal, propio de culturas políticas anglosaxonas, limita as súas intervencións ao ámbito da pobreza, entendéndoa como un problema de índole individual, non como unha cuestión de carácter estrutural. Segundo esta formulación, cada quen debe ter a capacidade de prever as súas situación de necesidade e actuar en consecuencia. Pártese da idea de que o mercado se autorregula e asigna os recursos en virtude dos esforzos e méritos dos individuos; a intervención estatal persigue simplemente matizar algúns efectos do propio mercado, orientando aos colectivos máis desfavorecidos cara a inserción no mesmo. As súas principais características son:

  • Baixo nivel de gasto ao respecto do PIB propio.
  • Baixo financiamento público das políticas sociais e cultura do cofinanciamento.
  • Baixa protección social ás necesidades e problemas derivados do mercado laboral.
  • Baixa calidade das prestacións sociais públicas.
  • Importancia da familia e dos axentes sociais dedicados á provisión e á caridade.

c) O modelo nórdico ou socialdemócrata.

As orixes deste modelo atópanse no Informe Beveridge (1942), nas formulacións keynesianas, e na socialdemocracia nórdica, que daban resposta aos problemas sociais dunha Europa que saía da II Guerra Mundial. Así, o Informe Beveridge recomendaba a creación dun sistema de seguridade social baseado nas contribucións de traballadores, empresarios e o propio Estado para poder facer fronte a problemas como a enfermidade, o desemprego ou a vellez, e sempre con cobertura universal. A achega keynesiana parte da necesidade de intervir e regular o mercado, de executar o principio de universalidade das políticas sociais e o avanzo nos dereitos civís.

Na súa versión máis actual, Dinamarca, Finlandia, Noruega e Suecia caracterízanse polo que Pekka Kosonen deu en chamar “ o legado normativo nórdico ”. Desde este modelo de Estado lexitímanse unha serie de requisitos económicos e sociais: universalidade e igualdade de dereitos sociais de todos os individuos e de todos os grupos sociais; responsabilidade gubernamental; igualdade de ingresos e de xénero, así como a persecución do pleno emprego.

d) O modelo sureño.

No sur Europeo tense formulado outro modelo no que a familia constitúe un eixo importante. No modelo sureño, o Estado garante un nivel básico de seguridade social, asumindo a existencia dunha axuda informal por parte da rede familiar. Neste aspecto, autores como Gösta Esping–Andersen considera que o modelo mediterráneo bebe das fontes do modelo bismarkiano.

Algunhas das características deste modelo son:

  • A universalización de servizos en materia de saúde e de sanidade.
  • O financiamento do sistema faise a través das contribucións á seguridade social e os impostos.
  • A ampla protección do mercado de traballo (principalmente aos pensionistas).

En definitiva, este modelo mediterráneo tamén é denominado por algúns autores como modelo “dual”, xa que se caracteriza por combinar elementos propios da tradición socialdemócrata e o facer pivotar o sistema de financiamento sobre as rendas do traballo.

A POLÍTICA SOCIAL.

Por Política social enténdese o conxunto de medidas que se implementan desde os gobernos para dar protección e benestar á cidadanía. Agora ben, toda acción que desenvolve a administración do Estado ten os seus efectos na calidade de vida dun pobo. Velaí que dun modo máis concreto se poda entender a Política social como as medidas que un goberno toma en relación cos servizos sociais e que atinxen directamente ao Estado do benestar.

4

políticas sociais: os mozos desempregados teñen que participar en programas educativos específicos e realizar algún traballo para a comunidade, e non limitarse a recibir as axudas (curiosamente, isto ten contribuído a que as mocidades nórdicas veñan aceptando salarios cada vez máis baixos). De igual modo, a pesar da vixencia dos dereitos sociais, do principio de universalidade e a súa asunción por parte de todos os partidos nórdicos, nos últimos anos véñense producindo recortes en nome da contención do gasto público e do déficit.

A globalización ten afectado ao modelo nórdico no cerne mesmo da súa formulación, flexibilizando o seu mercado laboral. Agora prodúcese unha menor estabilidade no traballo, empeorando a situación da man de obra non cualificada por mor da competencia global; isto é, o principio de igualdade comeza a correr un serio perigo. Ao mesmo tempo, a nova situación ten a súa tradución no sistema de financiamento das políticas sociais: namentres a globalización demanda unha menor recadación xeral de impostos, a base para a demanda de servizos sociais vai incrementándose.

O modelo sureño e a súa interacción coa globalización.

O principal promotor da globalización para o modelo mediterráneo foi en primeira instancia a propia Unión Europea. A integración na UE supuxo a incorporación de prácticas políticas sociais antes inexistentes, ben como consecuencia do efecto emulación, ben por causa de directrices directas da propia Unión. Só así, por exemplo é entendible a sinatura do Pacto de Toledo, na década dos 90, e a asunción de que hai un limiar mínimo que todo goberno debe asumir como propio á hora de falar de Estado do benestar.

No plano económico, os Estados mediterráneos tiveron que participar na apertura das súas fronteiras e a introducir medidas que permitiran compatibilizar os seus mercados cos mercados da súa contorna. Isto levou a axustes económicos importantes, como o control da inflación, o gasto público e o déficit. Neste senso, é o no que se encaixan as sucesivas reformas laborais e a do sistema público de pensións que tiveron lugar ao longo dos últimos anos.